Departamento de Latín

2020-03-23

Materia: LATÍN II

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ.
DEPARTAMENTO DE LATÍN.
Dende o Departamento de Latín infórmase de que a partir de mañá, martes 24 de marzo, estará a disposición do alumnado das materias de Latín e Cultura clásica un aula virtual na que desenvolveremos a actividade escolar de xeito máis dinámico e centralizado, dado que o correo electrónico, que empregamos con durante a primeira semana de suspensión das clases, supón o contacto individual e por separado con cada un dos membros da clase, mentres que deste xeito o alumnado participará directamente na clase xunto cos seus compañeiros e compañeiras habituais.
Para inscribirse na aula virtual só precisan unha conta de correo electrónico de gmail. Farano a través da aplicación Google Classrom: https://classroom.google.com/. Unha vez dentro da aplicación, deberán inserir o código correspondente a cada grupo; para Latín II, o código é: dvcfftk
Ademais, e a título informativo, as tarefas semanais colgaranse na páxina web do instituto, xunto coas das demais materias, aínda que a comunicación coa profesora será a través da aula virtual indicada, onde o alumnado recibirá as indicacións precisas para a realización das tarefas e onde poderá formular as dúbidas ou comentarios que considere oportunos.
A profesora de Latín II de 2º de BACHARELATO.
María del Carmen Díaz Rifón

Carmen Díaz

Saír (voltar á páxina para ver os arquivos)