Departamento de Latín

2020-03-23

Materia: Cultura clásica

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ.
DEPARTAMENTO DE LATÍN.
Dende o Departamento de Latín infórmase de que a partir de mañá, martes 24 de marzo, estará a disposición do alumnado das materias de Latín e Cultura clásica un aula virtual na que desenvolveremos a actividade escolar de xeito máis dinámico e centralizado, dado que o correo electrónico, que empregamos con durante a primeira semana de suspensión das clases, supón o contacto individual e por separado con cada un dos membros da clase, mentres que deste xeito o alumnado participará directamente na clase xunto cos seus compañeiros e compañeiras habituais.
Para inscribirse na aula virtual só precisan unha conta de correo electrónico de gmail, que supoño que todos teñen xa (no caso contrario, deberán abrir para este uso). Farano a través da aplicación Google Classrom: https://classroom.google.com/. Unha vez dentro da aplicación, deberán inserir o código correspondente a cada grupo; para Cultura clásica de 3º ESO, o código é: 5ggbkci
É importante que se inscriban canto antes, para poder levar o ritmo do grupo e, por suposto, que o faga o alumnado a título persoal, non os pais, nais, titores ou titoras, xa que só poderá participar na aula virtual o alumnado matriculado na materia.
Ademais, e a título informativo, as tarefas semanais colgaranse na páxina web do instituto, xunto coas das demais materias, aínda que a comunicación coa profesora será a través da aula virtual indicada, onde o alumnado recibirá as indicacións precisas para a realización das tarefas e onde poderá formular as dúbidas ou comentarios que considere oportunos.
A profesora de Cultura clásica de 3º de ESO
María del Carmen Díaz Rifón

Carmen Díaz

Saír (voltar á páxina para ver os arquivos)