Departamento de Latín

2020-03-24

Materia: COEDUCACIÓN PARA O SÉCULO XXI

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ.
DEPARTAMENTO DE LATÍN.
O Departamento de Latín informa de que a partir do 24 de marzo, estará a disposición do alumnado das materias que son competencia do departamento unha aula virtual na que desenvolveremos a actividade escolar de xeito máis dinámico e centralizado, dado que o correo electrónico, que empregamos durante a primeira semana de suspensión das clases, supón o contacto individual e por separado con cada un dos membros da clase, mentres que deste xeito o alumnado participará directamente na clase, xunto cos seus compañeiros e compañeiras habituais.
Para inscribirse na aula virtual só precisan unha conta de correo electrónico de gmail. Farano a través da aplicación Google Classroom: https://classroom.google.com/. Unha vez dentro da aplicación, deberán inserir o código correspondente a cada grupo; para Coeducación para o século XXI de 1º de Bacharelato, o código é: pxepday
Ademais, e a título informativo, as tarefas semanais colgaranse na páxina web do instituto, xunto coas das demais materias, aínda que a comunicación coa profesora será a través da aula virtual indicada, onde o alumnado recibirá as indicacións precisas para a realización das tarefas e onde poderá formular as dúbidas ou comentarios que considere oportunos.
A profesora de Coeducación para o século XXI de 1º de BACHARELATO
María del Carmen Díaz Rifón

Carmen Díaz

Saír (voltar á páxina para ver os arquivos)